O investigador afirma que esta figura do Nadal é un mito universal das culturas do tronco indoeuropeo
Sobreviviu nas zonas montañosas do leste de Galicia, pero houbo un tempo no que era unha figura estendida por todo o país. José André Lôpez Gonçâles foi o primeiro en publicar un estudo sobre o Apalpador, figura mítica do Nadal, e esta semana visitou Compostela de mans da Gentalha do Pichel para profundar máis nun personaxe que entronca directamente con todas as culturas indoeuropeas.
-¿Como foi o descubrimento desta figura?
-Por azar, como calquera tipo de descubrimento. Comecei a falar cunha serie de persoas do Courel, de bastante idade, que me contaron unha serie de ritos e costumes dos que non tiña coñecemento. Amadora Cancelo Fernández, que xa finou, foi quen me describiu máis ou menos como era esta figura. Era unha biblioteca enorme de saber popular. Falaba dos seus fillos e dos netos, que non paraban e había que aloumiñalos, e díxome as cantigas. Preguntando a outras persoas maiores, fundamentalmente mulleres, tamén me falaron de que ligado a este rito había a queima dunha torada de Nadal na que ía a xente moza. As cinzas botábanse diante das cortes e curaban as doenzas dos animais.
-Hai quen di que a semellanza co Olentzero vasco é evidente.
-Todos os mitos teñen que ver. Todos, o Pai Natal, o Apalpador, Mitra ou o Olentzero, responden á necesidade de coñecer cal é a época de sementar ou de facer a poda. O Apalpador é anterior ao Olentzero, porque este anuncia a un deus e o noso Apalpador non anuncia nada, é o deus primitivo mudado a través da historia nun personaxe mítico.
-¿A recuperación do Apalpador pode ser tan rápida como a do Olentzero?
-O Olenztero é un mito que se celebraba nunha zona moi restrinxida de Navarra e parte de Guipúscoa que despois se trasladou ao resto do País Vasco. Nós temos que asumir que temos unha cultura que vai dende Navia ata Fisterra. Esa cultura, dentro das súas variedades, vai asumir o que son ritos que probablemente estivesen estendidos por toda Galicia pero que foron quedando reducidos a espazos cada vez máis pequenos. A muiñeira de Lugo, por exemplo, probablemente era de Lugo e sería absolutamente parvo que os de Vigo dixesen que unicamente a poden tocar os de Lugo, que só lles atinxe a eles.
-Hai críticas a que non é tradicional nalgunhas comarcas. ¿A sociedade galega vaino aceptar?
-Estamos preparados, indubidablemente. Se os comercios ven que hai posibilidades de negocio aparecerá o Apalpador e dirase que isto é noso de sempre.
Entrevista a José André Lôpez Gonçâlez, autor do primeiro estudo onde se recolle a figura do apalpador, realizada por Tamara Montero. Enlace coa publicación do día 19/12/2009 en "La Voz de Galicia" (Edición de Santiago de Compostela)

No hay comentarios:
Publicar un comentario