O 'Grupo Correo Gallego' pon á venda a súa nova obra, dirixida polo profesor Francisco Javier Río Barja ·· O xeógrafo resaltou a “enorme orixinalidade” deste proxecto ·· Fernández Gayosos eloxiou a iniciativa
Ante unha nutrida representación do mundo da cultura, da empresa e da universidade, o Grupo Correo Gallego presentou onte no Hotel Monumento San Francisco o Dicionario Xeográfico Ilustrado de Galicia, que empezará a saír ás rúas mañá, domingo, xunto ós xornais El Correo Gallego e Galicia Hoxe, do Grupo Correo Gallego, editor de TIERRAS DE SANTIAGO.
O director da obra, Francisco Javier Río Barja, un dos grandes divulgadores da xeografía moderna, mostrou a súa satisfacción por participar nun proxecto "desta importancia e insistiu en que cobre un oco na xeografía actual" e destacou novamente a enorme orixinalidade do formato da nova obra, así como a construción e a conexión dos temas que conforman a obra. Río tivo palabras de eloxio para o equipo redactor da obra, en especial para o supervisor xeral do dicionario, Francisco Rodríguez Lestegás.
Pola súa banda, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mostrouse satisfeito polo feito de que neste acto se combinasen tres variables: unha iniciativa promovida polo Grupo Correo Gallego, que estivese secundada polo compromiso de Caixanova e non quixo deixar escapar o recoñecemento a Río Barja, como o mellor coñecedor da xeografía galega desde Domingo Fontán. Neste senso, Bugallo dixo de xeito categórico que o Dicionario Xeográfico Ilustrado de Galicia "será sen dúbida unha obra de consulta obrigada".
Finalmente, o presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, tamén se uníu ás alabanzas con palabras de eloxio para o novo proxecto.
DESDE TIERRAS
Representantes da vida política da comarca tamén quixeron arroupar a nova iniciativa do Grupo Correo Gallego a través da súa presencia no acto de presentación do Dicionario Xeográfico. Así, non quixeron perderse a celebración, o alcalde de Vedra, Odón Cobas, a edil Ana Picón, o rexidor de Padrón, Camilo Forján, o edil do PP de Ames, Santiago Amor e Alfonso Rey.
Tamén asistiron, o director xeral de Difusión Cultural, Francisco López; o profesor da USC e supervisor da obra, Francisco Rodríguez Lestegás; o presidente do Colexio de Xeógrafos, Ignacio Fernández López, Salvador García Bodaño; Henrique Alvarellos, Miguel Anxo Fernán Vello; Xosé García Palmeiro, o canónigo lectoral, José Fernández Lago e o libreiro Xesús Couceiro, a profesora Tarsy Carballas e o director do Padre Sarmiento, Eduardo Pardo de Guevara, entre outros.

Enlace con la noticia publicada en Tierras de Santiago el 22/12/2009
No hay comentarios:
Publicar un comentario