"O noso leite presentarase, previsiblemente, o día 15 de abril a todos os galegos" ·· "Temos un produto de calidade que se pode facer un oco no mercado e feito polos nosos gandeiros"
Roberto Varela é o xerente da cooperativa Alimentos Lácteos, un proxecto cen por cen galego que pretende garantizar o prezo xusto do leite dos gandeiros da comunidade. Trátase dunha iniciativa "ilusionante" e que pretende, algún día, converterse nun referente do sector., tras formalizar o acordo con Leche Pascual e poñer en marcha a pranta de Outeiro de Rei.
– ¿Que foi máis difícil: chegar ao acordo ou botar a andar a cooperativa Alimentos Lácteos?
– De momento, chegar ao acordo. De aquí en diante vai ser un traballo moi importante.
– Os traballadores estanse a incorporar de xeito escalonado. ¿Hai algunha data para culminar este proceso?
– Si. Empezamos con 20 traballadores para os labores de mantemento e para a posta a punto da fábrica e actualmente están 40 empregados traballando e o día 5 de abril temos xa a totalidade da plantilla, que son 76 persoas que xa traballarán con total normalidade.
– En canto ao proceso, ¿sempre confiou en chegar a ese acordo, sobre todo tendo en conta que había un durísimo competidor como Feiraco?
– Foi un acordo complicado, pero sempre confiamos nas nosas posibilidades. Era un proxecto feito moi de aquí e con xente de aquí, cunhas ideas moi clariñas e creo que foi o que conquistou a Pascual. Era un proxecto que tiña en mente crear unha marca de calidade galega, unha marca que defendese o agro, o gandeiro, e finalmente trátase de levar o produto que elaboran eles no campo ao supermercado sen intermediarios. Así de claro.
– Esa foi a fortaleza da proposta de Alimentos Lácteos...
– Si. Esa foi a fortaleza. O proxecto é moi viable e razoabel e cunhas premisas moi claras. A partir de aí hai que traballalo. Está claro que temos que é unha aventura empresarial importantísima, pero temos moito mimbres para facer estos cestos. E tanto por parte do persoal da antiga Leche Pascual como por parte dos cooperativistas estamos a ter un apoio total.
– Houbo algún sindicato que suxería unha proposta conxunta con Feiraco...
– Nós nunca tivemos intención de ser excluíntes nin moito máis. Nós o que queremos e fortalecer o proxecto. Cantas máis cooperativas, mellor. É unha fortaleza que podemos ter. Dende aquí fago o chamamento para aquelas corporativas lácteas que queiran participar no proxecto teñen completamente a porta aberta, incluíndo Feiraco. O que queremos é traballar e facer Galicia, facer proxecto para que o campo medre e teña mellores condicións.
– ¿Está a haber algún outro tipo de conversas con algunha cooperativa ou con Feiraco?
– Está a haber outro tipo de conversas coas cooperativas que teñen interese en integrarse en Alimentos Lácteos. Unha cooperativa en negociacións moi avanzadas para o número 9 e a partires de aí temos outras catro cooperativas interesadas que están en debate interno para ver se lles interesa ou non o noso proxecto e nós temos a esperanza de que así sexa e que en breve sexamos un grupo máis forte e maior.
– Falamos de oito cooperativas, ¿cantos gandeiros aglutinan?
– Máis que de gandeiros, sería explotacións, que serían algo máis de 2.000 as que están integradas.
– ¿E en canto a capacidade de producción?
– Estamos a falar duns 450.000 litros diarios, uns 10 millóns de litros, máis ou menos, que poderemos procesar ao mes.
– Eses litros de leite vanse destinar a unha marca propia, ¿e para cando estará preparada?
– Previsiblemente, o 15 de abril máis ou menos. É a data que estamos a barallar para ter a marca vestidiña e xa presentada como debe ser a todos os galegos.
– Tamén está a outra parte das marcas brancas, ¿hai máis camiños andados nese sentido?
– Si. Temos acordos pechados para producir marcas brancas. Lóxicamente tamén con Leche Pascual asinamos un contrato de produción e envasado dunha marca deles. E aí temos camiño para andar. O máis importante deste proxecto é potenciar a nosa marca. É algo vital e a única forma que temos de dar valor aos produtos dos nosos socios.
– ¿E hai espazo no mercado para esa nova marca?
– Os galegos son os que teñen que dicilo. Nós temos unha marca feita para Galicia, unha marca que quen vai a mercala sabe que está axudando ao gandeiro galego. E ese é un motivo máis que xustificado para ter un sitio no mercado. Se aínda por riba, engadimos que é unha marca de total calidade, contando con todos os procesos e empregados que tiña Leche Pascual, temos todo os elementos para facer un gran traballo.
O PERFIL

Naceu o 28 de novembro de 1972 en Santiago de Compostela
Estudou na USC Ciencias Empresariais e despois fixo un Máster na Escola de Negocios de Caixanova. Actualmente está pendente de rematar outros estudos deste tipo en Publicidade e Relacións Públicas.
Traballa como xerente na Cooperativa Alimentos Lácteos.
No seu tempo de lecer gústalle ler, o cine, xogar ao tenis e ao baloncesto, e tamén estar coa súa familia.

Entrevista de Inés Dopazo a Roberto Casas (Xerente de Alimentos Lácteos, S.A.) publicada en Tierras de Santiago el día 23/03/2010
-
No hay comentarios:
Publicar un comentario